Este tema implica que como método de comunicación a nivel interno/externo dentro dunha empresa se necesita empregar un servidor de mensaxería propio. De non ser propio habería que empregar un servidor público, pero isto precisamente é o que se pretende evitar, como programas como o Messenger ou o Google Talk.
Para evitalo, como dicía, fará falta instalar un servidor propio con licencia GPL e con un cliente á altura das circunstancias.
Alternativas aparecidas nesta entrada de Slashdot fan referencia a ferramentas cliente/servidor que empregan o protocolo de Jabber. O mesmo servidor de Jabber sería unha opción, aínda que hai outras como Openfire (totalmente GPL) ou tamén SoapBox da empresa Conversant, de uso gratuito empregando o SoapServer Express.
Como cliente sería intersante por exemplo empregar o Pidgin, e habería que ver o método de instalación nunha debian. Na páxina de Openfire hai un enlace a un manual de administración do mesmo, con un custo duns 36 USD. Ademais permite autenticación ldap.

Opcions do servidor OpenFire
